|
SONIA LEBEDYNSKI E 'DESERTO DE CENTOS'
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.
Recargar
Sonia bota a andar a súa carreira en solitario con ‘Deserto de centos’ logo de ser a ‘front woman’ de Fía na Roca e colaborar en múltiples iniciativas musicais. Estamos diante dun disco de autora -forneado xunto co brasileiro Sérgio Tannus- que é resultado de todas as músicas das que foi bebendo ao longo súa traxectoria musical e vital: trad, folc, funk, pop, música brasileira…
‘Deserto de centos’ é unha viaxe iniciática cara a un horizonte por descubrir. É o sedimento das músicas escoitadas e cantadas, dos proxectos dos que fixo parte, das persoas e dos lugares que coñeceu, dos versos que leu e que escribiu. Aí está todo o seu universo sonoro e vital.
Unha aposta atrevida e moi persoal, que estará acompañada en directo por unha magnífica banda, con Sérgio Tannus (dirección musical e cordas), Carlos Freire (percusións), Roberto Comesaña (piano e acordeón), Martiño Domínguez (saxo tenor e barítono) e Jose Luis Miranda (trombón).
Ademais de Sérgio Tannus na dirección musical, en ‘Deserto de centos’ colaboraron na parte creativa moitos nomes destacados da música galega, como Xosé Lois Romero, Guadi Galego e Óscar Losada, en letras, músicas e arranxos.
A TRAXECTORIA DE SONIA LEBEDYNSKI
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.
Recargar
O seu contacto coa música comeza sendo moi nova da man da man do seu pai de quen aprende as súas primeiras cancións. Iníciase na música tradicional galega e o folc. Con trece anos era a voz solista de Vai-te embora!, a súa primeira formación. Ten contacto con proxectos musicais doutros xéneros como o funky.
A súa versatilidade interpretativa lévaa a formar parte de propostas musicais moi diversas. Ten colaborado en múltiples proxectos como Son Delas, Ball Cans, Sete Saias, Voces na Musa, Asociación Cultural Barbantía, Conservatorio Tradicional e Folque de Lalín, Sereas e participado nos traballos discográficos de Fía na Roca, Susana Seivane, Camaxe, Seare, Asoc. Galega de Gaiteiros Galegos, Brañas Folk, Enrique Paisal ou Sergio Tannus.
Moi vencellada á creación de música para xente miúda colaborou coa Asoc. de Gaiteiros Galegos no libro disco Pelo Gato. No ano 2015 colaborou nos proxectos de música infantil Non hai berce como o colo editado por Kalandraka e Alegría da editorial Galaxia, ademais de O tempo dos xogos, editado polo mesmo selo, cuxos autores son da Escola de Música de Boiro, á que sempre estivo moi vencellada desde a súa creación. Participou no filme do grupo canadiano “La Bottine Souriante” sobre a súa xira europea.
Ao longo de dez anos foi a voz de Fía na Roca. É mestra da ensino primario especialista en educación musical e pedagoga. Ten colaborado coa Escola de Música de Boiro no seu programa de alfafabetización musical para maiores.
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.
Recargar
As seguintes imaxes hd promocionais habilitadas para descarga están suxeitas a dereitos de autor e debidamente rexistradas polo que se deberá realizar unha comunicación formal previa publicación en calquera medio impreso ou dixital.
FOTO1 5000 x 3263 PX 4,1 MB
FOTO2 3000 x 1992 PX 2,6 MB
FOTO3 3000 x 1953 PX 2,2 MB
FOTO4 5000 x 3337 PX 3,7 MB
FOTO5 5000 x 3337 PX 3,6 MB
FOTO7 5000 x 3337 PX 8,4 MB
FOTO8 5000 x 3337 PX 7,8 MB
FOTO9 5000 x 3457 PX 9,1 MB
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.
Recargar
1. Cen miradas Letra: Sonia Lebedynski. Música: Sonia Lebedynski / Sérgio Tannus. Arranxos: Sérgio Tannus / Sonia Lebedynski. Arranxos metais: Sérgio Tannus / Jose Luis Miranda.
2. Baila queridiño Letra: Tradicional / Sonia Lebedynski. Música: Sonia Lebedynski / Sérgio Tannus. Arranxos: Sérgio Tannus / Sonia Lebedynski. Arranxos metais: Sérgio Tannus / Jose Luis Miranda.
3. Alumea Letra: Tradicional / Sonia Lebedynski. Música: Tradicional / Sonia Lebedynski / Sérgio Tannus. Arranxos: Sérgio Tannus / Sonia Lebedynski.
4. Chove outra vez Letra: Alberto García / Sonia Lebedynski. Música: Sonia Lebedynski / Sérgio Tannus. Arranxos: Sérgio Tannus / Sonia Lebedynski.
5. Paseo polo areal Letra: Sonia Lebedynski. Música: Sonia Lebedynski / Sérgio Tannus. Arranxos: Sérgio Tannus / Sonia Lebedynski. Arranxos metais: Sérgio Tannus / Jose Luis Miranda.
6. Miña doce amiga Letra: Manuel María. Música: Uxía / Sérgio Tannus. Arranxos: Sérgio Tannus / Sonia Lebedynski.
7. Paraíso de sal Letra: Xosé Lois Romero / Sonia Lebedynski. Música: Xosé Lois Romero. Arranxos: Xosé Lois Romero / Adapt: Sérgio Tannus. Arranxos metais: Sérgio Tannus / Jose Luis Miranda.
8. Viaxe astral Letra e música: Guadi Galego. Arranxos: Sérgio Tannus / Sonia Lebedynski. Arranxos metais: Sérgio Tannus / Jose Luis Miranda.
9. Quixera Letra: Óscar Losada. Música: Sonia Lebedynski / Sérgio Tannus. Arranxos: Sérgio Tannus / Sonia Lebedynski. Arranxos metais: Sérgio Tannus / Jose Luis Miranda.
10. Para que? Letra: Xosé Lois Romero / Sonia Lebedynski. Música: Xosé Lois Romero. Arranxos: Xosé Lois Romero / Adapt: Sérgio Tannus.
11. Inventario do prohibido Letra: Sonia Lebedynski. Adaptación do poemario de Luz Campello "Inventario do prohibido". Música: Sonia Lebedynski / Sérgio Tannus. Arranxos: Sérgio Tannus / Sonia Lebedynski.
DESCARGAS PARA PROFESIONAIS
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.
Recargar
|
|