Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.
Sonia Lebedynski & Convidados

 

Leva máis de vinte anos na música galega e cantando na nosa lingua por diferentes escenarios da xeografía internacional máis é no ano 2016 cando bota a andar o seu proxecto en solitario. Deserto de Centos marca un punto de inflexión na súa carreira con novas sonoridades máis contemporáneas a través dos arranxos e instrumentacións que visten cada un dos temas do seu repertorio. Nesta xira "Deserto de Centos 2018" preséntanos un espectáculo único con convidadxs de luxo en Boiro, o próximo 29 de xuño ás 23h na Praza do Centro Social. O obxectivo, a posta en valor do talento musical inmesurable das artistas locais que se concentra neste punto da comarca da Barbanza.

Foi gañadora do Premio Martín Códax da Música 2017 polo seu traballo Deserto de Centos na categoría de Canción de Autora.

O seu directo é cibrante onde se conxuga a beleza do íntimo con tems de gran intensidade musical e arranxística así como discursiva. O espectáculo camiña nun binomio musical e poético propio onde o amor, a querencia pola natureza, os conflictos que asolagan o mundo, a cuestión de xénero, a poesía galega representada nos versos de Manuel María, a amizade dos cariños e afectos, a inspiración levada á creación son algunhas das historias que atopamos en cada unha das cancións que conforman o seu repertorio.