Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.
Sonia Lebedynski, gañadora do Premio Martín Códax Canción de Autor

SONIA LEBEDYNSKI, GAÑADORA DO PREMIO MARTÍN CÓDAX 2017 Á CANCIÓN DE AUTOR

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Sonia Lebedynski foi galardoada na categoría de canción de autor co Premio Martín Códax 2017 nesta cuarta edición adicada a reivindicar o papel das mulleres na música. Este premio merece ser compartido por toda a xente que colaborou, participou e/ou axudou de algunha maneira a que este proxecto se convertise en realidade. Grazas!

O que presenciaron esa noite no Pazo da Cultura de Pontevedra os máis de 700 asistentes á gala dos PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA, promovidos pola Asociación de Músicos Ao Vivo (MAV), superou as expectativas de calquera gala en termos de emoción, calidade e orixinalidade das propostas escénicas e musicais, grazas unha vez máis ao talento de Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman, ou o que é o mesmo, a compañía de teatro A Panadaría (Premio da Crítica Galicia 2015). O espectáculo estaba artellado cun obxectivo claro: reivindicar o papel da muller no mundo da música. Metidas na pel d’As Pataconas –un trío musical concibido como unha parodia enxebre das célebres The Supremes- as actrices d’A PANADARÍA, recrearon un argumento conductor no que, ademais de estar nomeadas aos premios, debían preparar unha cea de luxo para recibir aos premiados e premiadas.  Sobre un escenario de veludo vermello e pan de ouro, e con esta historia como punto de partida, As Pataconas interpretaron diversas escenas cómicas e números musicais alusivos á gastronomía musical galega con sátiras sobre temas de actualidade e parodias a diferentes artistas do noso panorama. A gala converteuse nunha celebración apetitosa, cun menú composto polos sabores da música galega, que tivo como pratos principais as actuacións dalgúns dos proxectos gañadores da pasada edición: Toño Domínguez da Orquestra de Jazz de Galicia (Premio Martín Códax 2016 na Categoría de Jazz/Músicas Improvisadas); Silvia Penide (Premio Martín Códax 2016 na Categoría de Pop/Indie); Nastasia Zürcher (Premio Martín Códax 2016 na Categoría de Blues/Funk/Soul); e Silvia Cerneira da Banda da Balbina (Premio Martín Códax 2016 na Categoría de Reggae/Ska/Mestizaxe). Estiveron acompañadxs por unha banda en directo integrada por Antía Ameixeiras (violín), integrante de Luar na Lubre e Oîma; Lorena Cachito (batería), integrante da banda de SES, Window Pane e Golden Legacy;  Inés Mirás, (guitarra e baixo), integrante de Ivy Moon, A Banda da Loba e MJ Band; e Aida Saco (piano), integrante de Barahúnda e solista no seu proxecto Metamorfoses. Os premios foron entregados por músicos e músicas premiadas na anterior edición do certame. Os proxectos premiados levaron a casa os Melómanos e Melómanas  creadxs polo escultor e músico, Víctor Lorenzo a golpe de motoserra. Nesta edición inscribíronse un total de 449 proxectos (386 grupos, 17 salas, 24 festivais e 21 medios de comunicación), o que volve converter a web do certame www.premiosmartincodaxdamusica.com na plataforma de música galega máis importante do momento.